Que facemos >  

Sísifo

  • Atención a persoas drogodependentes y/o en situación de exclusión social severa

Ofrecemos simultáneamente accións de orientación, acompañamento, derivacións, apoio psicolóxico e seguimento a través de:

  • Un programa na rúa onde realizamos achegamento ás zonas de consumo, contacto e intervención.
  • Calor-café: centro de encontro e acollida en locais e unidade móbil. Dispensa de alimentación básica.
  • Intercambio de material de inxección, dispensa e distribución de kits hixiénicos, preservativos, etc.
  • Información-formación ás persoas destinatarias do proxecto e outras interesadas. Actividades formativas relacionadas co VIH/SIDA, hepatite, sexo seguro, drogas, redución de danos, saúde, etc.
  • Desenvolver unha función investigadora para un mellor coñecemento de poboacións drogodependentes, tanto na súa vertente científica, como para o establecemento de intervencións específicas.  No apartado documentos pódese acceder ao Estudo sobre control serológico e prácticas de risco realizado en 2015 polo noso equipo.
  • Atención ás necesidades básicas de persoas en situación de emerxencia social.

 

Proxecto ALÉN

Trátase dunha actividade continuada que leva a cabo cun grupo reducido de persoas (máximo 5) que están interesadas en reducir o seu consumo de sustancias. O obxectivo é dotalas de ferramentas para que poidan poñer en marcha estratexias que lles permitan regular os seus comportamentos. A través de sesións individualizadas vanse planificando os obxectivos e as accións dirixidas ao cambio.

 

Proxecto IFAS

Trátase de desenvolver unha serie de actividades deseñadas individual e grupalmente para mulleres drogodependentes en risco de exclusión social ou desprotección e en situación de violencia de xénero, co propósito de favorecer a súa inserción social, dotándoas daquelas ferramentas de autocontrol necesarias para manter os seus consumos a niveis compatibles con patróns de vida o máis normalizados posibles, e empoderalas de tal xeito que poidan identificar os indicadores dunha relación de maltrato e analizar a presenza de consumo de drogas nas etapas do ciclo de violencia.

 

Nadal Solidario

Cada ano o Programa Sísifo organiza o reparto de dúas comidas especiais a persoas sen teito, usuarias dos seus servizos, coa colaboración de Voluntariado Corporativo de ”la Caixa” os días 24 e 31 de decembro nas cidades de Vigo e A Coruña.


Colabora: Fundación la Caixa

 

 

Outros servizos:

Responsable do ProgramaDeli Uriz Corrales

 

Para acceder ao BLOG DE SÍSIFO, fai clic na imaxe:

 

VIGO
Contacto: 
698 119 803 / 986 253 176 | sisifo@fundacionerguete.org

  • Local Calor-café, roupeiro, lavandería, duchas, redución de riscos, orientación, etc. Atención diaria.
  • Unidade móbil: ubicación fixa en R/ Jacinto Benavente. Calor café, redución de riscos, orientación. Atención diaria.
  • Programa de rúa Casco Vello. Calor café, redución de riscos, orientación. Atención luns, mércores e venres.
  • Programa de rúa - prostitución. Redución de riscos e orientación. Atención os mércores.

MARÍN - PONTEVEDRA
Contacto: 
698 119 803 | sisifo@fundacionerguete.org

  • Programa de rúa. En Marín (Pontevedra). Calor café, redución de riscos, orientación. Atención martes e xoves.

A CORUÑA

Técnica de referencia: Berta M. Pérez Máñez
CONTACTO: 604 007 083 | sisifocoruna@gmail.com

  • Local Calor-café, roupeiro, lavandería, duchas, redución de riscos, orientación, etc. Atención diaria.

 

       

 

               

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 41

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA