Conseguir un emprego é moitas veces o primeiro paso cara a un cambio positivo e profundo na vida das persoas. Por iso, fai xa máis de 15 anos a Fundación ”la Caixa” creou Incorpora, un programa de intermediación cuxo obxectivo é promover a inserción laboral de persoas que se atopan en situación ou en risco de vulnerabilidade social.
Como che axudamos?
Facemos de mediadores na túa inserción laboral: revisamos contigo as ofertas de traballo dispoñibles e analizamos cales encaixan mellor co teu perfil.
Axudámosche a mellorar a túa empregabilidade a través de formacións para potenciar as túas competencias sociais e laborais a través do Puntos de Formación Incorpora.
As nosas formacións inclúen prácticas en empresas que facilitarán a túa entrada ao mundo laboral.
Asesorámosche na creación dun negocio propio a través de Autoemprego Incorpora. Analizamos a viabilidade do teu proxecto e axudámosche a atopar financiamento.
Ademais, impulsamos diferentes iniciativas para garantir a igualdade de oportunidades dos colectivos con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral:
Reincorpora, creando segundas oportunidades para persoas privadas de liberdade, e
Saúde Mental, eliminando as barreiras existentes en saúde mental.
Como poden as empresas colaborar no Programa Incopora?
Formar parte de Incorpora é moi fácil:
Promovendo, con estas accións, a política de responsabilidade social nas empresas, o cal supón unha mellora da súa imaxe e da nosa sociedade en xeral.
Persoa responsable do programa: Soledad Costas Román
Contacto: incorpora@fundacionerguete.org / 698 180 684
A Rede Incorpora Galicia está composta polas seguentes entidades:
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801