Cookies

Noticias 

© FEI | 28/06/2022 | Roswitha Gandersheim, escritora xermana do século X

Roswitha de Gandersheim. Unha intelectual do século X

28/06/2022

A Roswitha situámola ao longo do século X, pois non se coñece con exactitude a súa data de nacemento e morte. O que si sabemos é que pasou a maior parte da súa vida na abadía de Gandersheim, localizada na actualidade na Baixa Sajonia.

Dela tamén podemos dicir que decantouse por unha vida dedicada ao mundo intelectual, por iso ingreso como canonesa na abadía feminina de Gandersheim, a cal pertencia á orde benedictina e contaba coa protección do emperador Otón I, e por tanto a súa abadesa contaba gran poder político, económico e intelectual.

Ao ingresar como canonesa só tiña que formalizar os votos de obediencia e castidade, pero non os de pobreza. Isto permitiulle non perpetuar clausura e poder viaxar, así como manter o seu propio patrimonio e mesmo ter persoal ao seu servizo.

Roswitha foi a primeira voz feminina na literatura de fala xermana. Ás mulleres que escribiron na idade media custoulles un esforzo extraordinario chegar a facelo. Ela é a primeira persoa que escribiu teatro na Europa medieval e é tamén a primeira muller que presenta enfrontamentos entre homes e mulleres, onde estas últimas eran as vencedoras. A forza e xenialidade da súa obra atopámola na expresión de diversas preocupacións e vivencias comúns das mulleres da súa época, como o rexeitamento do matrimonio, a violación ou a prostitución.

Escribiu todas as súas obras en latín e é considerada a primeira persoa desde a Antigüidade tardía en compoñer obras de teatro nesa lingua. A súa produción literaria foi ampla e transitou por xéneros moi diversos: poemas épicos, lendas e dramas.

Probablemente os dramas desta autora fosen representados na intimidade do claustro, aínda que isto tampouco é posible afirmalo de certo.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia