Cookies

Noticias 

© Público, editada FEI | 30/03/2022 | Hester Stanhope "A Raíña Branca de Palmira"

Hester Stanhope, aventureira e transgresora aristócrata inglesa

30/03/2022

Hester Stanhope naceu no seo dunha familia aristocrática inglesa, recibindo unha educación típica feminina onde non encaixaba. Xa na súa nenez tiña predilección por afeccións como a caza, montar a cabalo, … que a sociedade non atribuía ás mulleres, a demais de mostrar gran capacidade de liderado, enxeño e intelixencia.

Cando cumpriu vinte e catro anos foi vivir co seu tío William Pitt, o Primeiro Ministro inglés. Durante esta etapa Hester asumiu o papel de anfitrioa e secretaría privada do seu tío. Esta fase da súa vida caracterizouse por unha gran interacción na vida social inglesa, finalizando coa morte do seu tío no 1806. A pensión que lle quedou de herdanza non lle alcanzaba para manter o estilo de vida que tiña ata o momento, polo que decidiu darlle un cambio á súa vida e emprendeu unha viaxe a Oriente.

Tiña entón trinta e catro anos, Aprendeu turco e árabe, viaxou por toda a zona, sendo recibida nos principais centros palaciegos de Exipto, Malta, Grecia, Turquía ou Siria. Aquí decidiu vestirse coas vestimentas propias dos homes, rexeitando os tradicionais veos das mulleres.

Estando en Damasco sentiu gran atracción polo estilo de vida beduino, e pola gran cidade romana de Palmira da que escoitaba falar, e onde non chegara ningunha persoa europea. A pesar das recomendacións de que non se penetrase no deserto sirio, no ano 1813 partiu cunha caravana rumbo a Palmira, coma se da mítica raíña Zenobia tratásese. A aventureira sorprendeu tanto a beduinos/ as como a árabes pola súa valentía e as súas habilidades para montar a cabalo. Foi conducida no medio dunha cerimonia triunfal a través da cidade en ruínas, cunha coroa de flores sobre a súa cabeza, e logo coroada polos/ as locais como o seu melika, a súa raíña.

En 1815 organizou unha expedición arqueolóxica na cidade de Ascalón (hoxe Israel) para tentar desenterrar un tesouro de moedas de ouro que supostamente fora escondido na zona durante a Idade Media. Tan só achou unha gran estatua de mármore que terminaría rompendo en mil pedazos e lanzándoos ao mar, pero a súa empresa foi pioneira da arqueoloxía en Terra Santa. Ata ese momento, os sultáns otománs nunca deran permiso a unha escavación estranxeira.

De volta a Damasco decidiu alugar e rehabilitar un antigo castelo en ruínas do tempo das Cruzadas, en Djoun (montañas libanesas). Transformouno nun gran palacete rústico onde viviu como unha auténtica princesa drusa protexendo a esta comunidade coas súas influencias nese lugar, e recibindo visitas de persoas procedentes de Europa que se aventuraban por eses lugares. Conseguiu unha gran fama nas colonias inglesas como muller exótica e boa anfitrioa.

O principio do fin veu no ano 1836, cando o goberno británico embargoulle a pensión que se lle concedeu, debido ás avultadas débedas contraídas por mor da excabación en Ascalón. Ao final da súa vida acabo vivindo como un eremita, e enfermando pouco despois. Morreu en xuño de 1839 completamente arruinada.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia