Cookies

Noticias 

© San Vital de Rávena | 24/02/2022 | Teodora de Bizancio

Teodora, emperatriz bizantina, pioneira en lexislar a favor dos dereitos das mulleres

24/02/2022

Teodora naceu nos primeiros tempos do século VI no seo dunha familia circense de orixe siria. O seu pai era o domador de osos da facción dos Verdes do hipódromo e a súa nai mima, foi ela a que lle ensinou esta profesión a Teodora e as súas irmás (Comito e Anastasia). O prestixioso historiador do teatro Silvio D’Amico, falando do apreciado xénero mimo que proviña da magna Grecia, menciona que no Imperio Romano, ano 160 a. c.: moi pronto o que máis importou foi o mérito do actor, tamén chamado mimo, sobre todo desde que se permitiu ás mulleres representar.

A pobre situación da súa familia agravouse coa morte do seu pai. Teodora acaba converténdose nunha das artistas máis populares de Constantinopla, e varias fontes a vincula coa prostitución, sobre todo aquelas que tentaron desacredítala como Procopio. Ao redor dos 18 anos comprométese cun rico comerciante chamado Hecébolo, a quen o emperador nomeara gobernador de Pentápolis, pero desta parella sofre malos tratos, polo que Teodora decide abandonalo, iniciando un periplo que a levou por Alexandría e Antioquía e familiarizouna coa arte da dialéctica e, moi especialmente, co monofisismo, do que se converteu nunha firme militante pola influencia do patriarca Severo de Antioquía.

Regresa a Constantinopla para traballar como hilandera nun taller próximo ao palacio onde vivía Justiniano, herdeiro do trono bizantino. Unha amiga púxolles en contacto e o futuro emperador quedou prendado da súa beleza e sabedoría.

Por aquel entón, o Imperio Romano en Oriente ten unha lei que impide á nobreza contraer matrimonio con mulleres de orixes humildes. Tras a morte da súa tía, a emperatriz Eufemia, oposta á relación do seu sobriño e Teodora, o emperador Justino permitiu a unión legal entre patricios e persoas vinculadas co espectáculo.

Justiniano e Teodora casaron o ano 525. Dous anos despois, tras a morte de Justino, Justiniano convertíase en emperador. A súa esposa era nomeada augusta. Desempeñou o cargo con intelixencia e enerxía, deixando claro que, en diante e ata a súa morte, o de Bizancio sería un reinado compartido. O propio Justiniano fixo engadir o seu nome ao xuramento de fidelidade que se esixía aos gobernadores das provincias para conferirlle equidade e independencia na soberanía.

Teodora exerceu o seu papel como emperatriz con gran rigor e responsabilidade. Defendeu a promulgación de leis a favor dos dereitos das mulleres regulando e protexendo a situación xurídica do sexo feminino. Impulso reformas legais e sociais: fixeron leis de igualdade entre homes e mulleres, dereito ao divorcio, prohibición do castigo por adulterio ás esposas, imposición de penas para os violadores, prohibición da prostitución forzosa, posibilidade de abortar. Lexislou tamén para que que os/as fillos/as extramatrimoniais puidesen converterse en lexítimos con iguais dereitos sucesorios.

Teodora creou talleres para que nenas e mozas non tivesen que recorrer á prostitución para sobrevivir e centros de saúde feminina. Tamén promulgou leis que permitiron ás mulleres herdar e ser propietarias de bens. Fixo ditar unha lei que establecía a igualdade entre fillos e fillas á hora de herdar; pero esta última nunca chegou a aplicarse.

Teodora morreu a finais de xuño do ano 548. Afectada dun cancro de mama, faleceu á idade de 47 ou 48 anos. No trono quedaba Justiniano, que nunca volveu ser o mesmo, do mesmo xeito que o Imperio Bizantino.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia