Cookies

Noticias 

© famousauthors.org | 14/11/2019 | Fotografía da escritora Astrid Lindgren

Astrid Lindgren, a escritora que fixo soñar coa liberdade a xeracións de nenas

14/11/2019

A comezos do século pasado, o 14 de novembro de 1907, nacía Astrid Lindgren nunha familia de campesiños/as cerca de Vimmerby, Suecia. Concretamente nacía co nome Astrid Anna Emilia Ericsson nunha granxa ao sueste do país, onde viviu o que ela calificou como unha infancia moi feliz na que recibiu o amor de seus pais, quen tamén o tiñan entre eles. Foi neses anos nos que a vida no campo e ao aire libre, así como o traballo que realizaba no campo para axudar aos seus pais, forxou o seu carácter, amor por esta vida e fomentou a súa imaxinación. Todo este, en especial o amor pola natureza e os animais, está moi presenta en toda a súa obra.


Con 18 anos rematou por sorpresa esta etapa cando se quedou embarazada. Pero a rebeldía e independencia que transmiten as súas personaxes eran trazos da súa propia personalidade, que se manifestou nese momento cando (a pesar do esperado) decidiu non casar co pai da criatura. Esta actitude non foi moi ben acollida na súa localidade, polo que decidiu marchar e establecerse na capital do país, en Estocolmo, onde compaxinaba a súa paixón pola escritura co traballo de oficinista. Xa tivera algunha incursión na literatura, pero será coa publicación do primeiro libro das aventuras centradas na archicoñecida Pippi Calzaslargas coa que alcanzará o éxito e a fama mundial. Será a serie de libros centrada nesta figura a que a converteu nunha das escritoras máis recoñecidas do s. XX, toda unha icona e referente da literatura infantil e xuvenil.


Pippi Calzaslargas, rebeldía feminista
Pippi foi unha personaxe que fascinou e escandalizou á sociedade dos anos 40 por igual. Unha nena que vivía sola, que facía e dicía o que quería cando quería e cunha forza sobrehumana. Non é de estrañar que as rapazas da época quixeran ser como ela e que moitas persoas adultas a censuraran, tendo en conta a forza do sistema patriarcal na época. Era, por tanto, unha personaxe que rachaba con todos os estereotipos que se lle outorgaban ás mulleres na época, así como as historias que a elas se dirixían, na que o home era o que tiña aventuras e elas as princesas, o obxecto decorativo.


Ademais da serie de libro sobre Pippi, Astrid Lindgren tamén escribiu obras dirixidas a un público máis adulto como Os irmáns Corazón de León (1973) e Ronja, a filla do bandoleiro (1981).


Aínda que menos coñecidas, tamén destacan entre os libros que escribiu os protagonizados por un neno chamado Emil; unhas obras que inspirarían (ao igual que Pippi) unha serie de televisión. Neste caso, o programa cambiou o nome por Daniel, o travieso.


Como no caso de Pippi, a súa literatura e personaxes están impregnados desas memorias tan vívidas que tiña da súa infancia trepando árbores ou correndo polo campo. Transmite unha dozura, inocencia, rebeldía e creatividade que conectaba cos novos e non tan novos. Outras das súas obras máis importantes O Superdetective Blomkvist (1946)) ou Vacacións en Saltkrakan (1964).

En todas elas Astrid reivindica a liberdade das nenas e nenos para xogar, divertirse e ser elas e eles mesmos, avogando sempre pola comuñón coa natureza e os seres vivos que nos rodean.Tal é a fascinación pola súa vida e obra que o ano pasado se estrenou a película Coñecendo a Astrid, que explora a vida desta gran escritora.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia