Cookies

Noticias 

© RTVE | 23/08/2019 | Autorretrato de Lavinia debuxando

Lavinia Fontana, a primeira pintora profesional

23/08/2019

Un 24 de agosto de 1552 nacía en Bolonia, Italia, Lavinia Fontana. Esta muller rompeu con todos os convencionalismos da época tanto a nivel profesional como persoal, cunha vida non só  rompedora ou pioneira, senón practicamente impensable naquel momento.


O seu gran mestre e mentor na súa actividade como pintora foi o seu pai, Prospero Fontana, un importante artista da escola boloñesa do que aprendeu todo o que sabía ata que empezou a diferenciarse do seu estilo e achegarse á escola veneciana. Ademais, na súa obra atopamos unha gran influencia da súa predecesora Sofonisba Anguissola. Lavinia viuse favorecida polo lugar onde naceu e a cultura do momento no lugar, así como o afán do seu pai por ensinarlle.


Pronto colleu fama grazas ao seu bo labor como retratista da nobreza e a aristocracia boloñesa empezou a reclamala para realizar os seus retratos. Desta forma conseguiu superar a barreira, ese teito de cristal do momento, que facía que o talento feminino queda recluído para a privacidade do fogar. En 1577 casou cun pintor ao que coñeceu no taller do seu pai, Gian Paolo  Zappi, que enseguida recoñeceu o seu incrible talento.

 

Considerada a primeira muller artista en cobrar polo seu traballo
É a partir do matrimonio cando a vida de Lavinia rompe con todos os canons impostos. Non só cobraba xa polo seu traballo como artista, algo inaudito. Senón que ademais tras casar non só non deixaría o seu traballo, senón que cada vez alcanzaba máis fama. Tal foi así, que mesmo foi o seu marido o que abandonou ata certo punto o seu traballo para atender ao fogar (tiveron 11 fillos), axudándoa ocasionalmente cos seus encargos. Este cambio de roles e o seu profesionalismo, o poder vivir economicamente do seu oficio, é o que separa a Lavinia doutras artistas como a súa admirada pintora cremonesa Sofonisba Anguissola.


Cada vez ía en aumento o seu recoñecemento, mesmo entre os seus colegas masculinos, que se estendeu por toda Italia e tras a morte do seu pai trasladouse a Roma cando o Papa Clemente VII chamouna para que se convertese na súa pintora oficial, entrando á academia de Roma. Cando este faleceu en 1605, pasará a ser a  retratista da corte do papa Paulo V.


Aínda que principalmente dedicada aos retratos relixiosos, non é esta a súa única faceta. Tamén realiza retratos en grupo ou en miniatura, recollendo a realidade da sociedade do momento ou grandes obras de temática mitolóxica. Ademais, é a primeira artista que se coñeza que fixo espidos a gran tamaño na historia.


Lavinia faleceu en 1614 tras unha vida rompedora que lle faría pasar á historia e ser gran referente de artistas de todo o mundo por xeracións grazas á súa incrible vida e obra, a maior dunha muller con anterioridade ao século XVIII.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia