Infórmate > Noticias 

Noticias 

Lee Miller, musa do surrealismo e fotógrafa de guerra
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

23/04/2019

1 de 1

O 23 de abril de 1907 nacía no estado de Nova York a que estaba chamada a pasar á historia como unha das maiores fotógrafas e un dos principais símbolos femininos do século XX.


Lee Miller foi unha modelo e fotógrafa surrealista e de guerra á que o gusto polo arte fotográfico lle viña de familia, pois seu pai era un fotógrafo aficionado. Pronto a filla comezará unha intensa relación co obxectivo da cámara, tanto diante como detrás.


Miller foi descuberta con 19 anos como modelo paseando polas rúas e comezou unha exitosa carreira no mundo da moda.
En 1926 viaxou a París para estudar, como sempre soñara, pero tivo que regresar pola delicada situación que vivía Europa neste período. Sen embargo pronto volve á capital francesa para traballar cos principais fotógrafos de moda do momento. Alí coñecerá ao destacado artista modernista Man Ray, do que se converterá na súa axudante e co que iniciará unha relación persoal que lle permitirá coñecer a persoas moi destacadas da vida cultural do momento, como Picasso.


Decide instalar en París un estudo dentro da escola surrealista, pero no ano 33 volve a Nova York e pon un estudio xunto ao seu irmán, especializado nos retratos e que a levarán a realizar varias mostras na cidade coas súas obras.
Pero o seu non era permanecer nun único lugar. En 1934 casa e volve a marchar, desta volta a Exipto, aínda que coa súa parella vivirá viaxando por diferentes lugares.


Fotógrafa de retratos, de moda, surrealista e de guerra

Lee Miller destacou pola súa capacidade para adaptarse a diferentes estilos e tipos de fotografía, sempre creando obras que destacan pola súa gran calidade e variedade. Non era muller de encasillarse, limitarse a un só estilo ou profesión, nin de etiquetas. É por iso que non o dubidou, e cando vai a Inglaterra en 1939 para traballar para Vogue adicarase non só ao mundo da moda, senón tamén a documentar o estalido da Segunda Guerra Mundial. No ano 41 viaxará, xunto ao  fotógrafo da revista Life David Sherman, retratando e escribindo sobre as consecuencias do conflito por diferentes enclaves.


Será un viaxe no que verá os peores horrores da guerra, lugares de batallas, campos de concentración, hospitais...  A súa obra contribuirá a documentar a dureza desta guerra e as súas obras pasan a historia como o reflexo dalgo que non debería de repetirse.

Tras rematar a guerra fúndase a mítica Axencia de fotografía Magnum, e ela será unha das primeiras persoas en ser membro da mesma.


A finais da década dos 40 casa co artista Roland Penrose e pola súa casa de campo inglesa pasarán algúns dos máis grandes artistas vivos o momento. E aínda que participa na biografía, por exemplo de Picasso, ela decide deixar a fotografía, da que incluso, nos seus últimos anos de vida case renega.


A pesar disto, deixou á historia máis de 40.000 arquivos que conforman un rexistro do sucedido na primeira metade de século, destacando a súa fotografía de retratos, surrealista e de guerra, que a converteu nunha das mais recoñecidas fotógrafas da historia. E cada día a súa obra é máis recoñecida, realizándose mostras da mesma en cidades de todo o mundo, pasando á historia a fotografía dela na bañeira do apartamento de Hitler como símbolo da vitoria aliada.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA