Infórmate > Noticias 

Noticias 

Policarpa Salavarrieta, “La Pola”, símbolo da independencia colombiana
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

25/01/2019

1 de 1

Existen dúbidas sobre o lugar do seu nacemento, así como o da data (aínda que se cre que foi un 26 de xaneiro de 1795); pero do que non cabe discusión é de que esta muller foi unha heroína durante o proceso de independencia de Colombia.


Criada en  Gaduas, no seo dunha familia acomodada, isto permitiulle ter acceso a unha educación inalcanzable para a gran maioría das mulleres da época. Foi modista e desde moza empezou a interesarse polas voces que se alzaban pedindo a independencia. Pronto a familia trasladaríase a  Bogotá, onde parte morrerían por mor da epidemia que se estendeu pola cidade en 1802.


Tras isto, ela e o seu irmán Bibiano atoparon onde aloxarse grazas aos seus contactos entre os líderes das guerrillas patriotas, os irmáns Almeyda, que xa lles conseguiron a documentación falsa necesaria para chegar alí.
Xa durante a súa infancia viviu o espírito patriota na súa familia, pois o seu cuñado morreu loitando na guerra, e o seu irmán  Bibiano tamén participou na Campaña do Sur.


A partir de 1817 hai rexistro da súa participación en actividades políticas. Xunto a outras mulleres realizaban actividades para as esposas do bando inimigo (no seu caso coser) co obxectivo de así escoitar e decatarse de noticias dos movementos inimigos. Ademais, axudaba a enviar mensaxes, comprar materiais ou convencer a mozos para que se unisen á loita.

 

Heroína da loita colombiana
Sempre coñeceu o risco das súas actividades, pero non foron estas as que fixeron que sospeitasen dela e descubrísena. Foi a fuxida dos irmáns  Almeyda a que supuxo o inicio da súa sentenza. Ata entón pasara desapercibida. Pero foron capturados e, entre os documentos que portaban, había algúns comprometidos sobre a situación de Policarpa.


E todo terminaría co arresto de Alejo  Sabaraín, gran colaborador de “La Pola”, que tentou fuxirse con outras/os compañeiras/os e foi detido cunha lista de nomes que Policarpa lle entregara.


Pouco despois sería apresada xunto ao seu irmán e condenada á morte polo consello de guerra o 10 de novembro de 1817, con Sabaraín e máis compañeiras e compañeiros.


O 14 de novembro de 1817 foi fusilada en Bogotá e aí comezaría a súa lenda. Moito do que conservamos e sabemos sobre esta figura está baseado en rumores e non en feitos probados. Pero o indubidable é que o seu nome pasará á historia como heroína da independencia colombiana.


Policarpa Salavarrieta, coñecida como “A Pola”, converteuse en todo un referente e unha excepción nun mundo no que as mulleres existían e debíanse dedicar tan só as labores domésticas de acordo ás costumes. Policarpa rompeu con isto, con todos os estereotipos de muller dócil e submisa e foi unha rebelde e loitadora. Aínda que gran parte dos datos que coñecemos non están documentados é a muller máis coñecida da independencia colombiana, a que pasou aos libros de historia, pero non a única que existiu ou que tivo o mesmo terrible final.


Os que a trataron a definen como unha muller valente e loitadora que morreu por defender os dereitos das súas paisanas/os e os seus ideais. A súa execución mobilizou e conmoveu á poboación, inspirou a poetas e  escritoras/es e foi a faísca que fixo que o pobo se mobilizase e se resistira ao réxime opresor.

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA