Cookies

Noticias 

© publico.es | 16/01/2019 | A astrónoma Jill Tarter nunha entrevistas recente

Jill Tarter, unha astrónoma en busca de vida máis aló das nosas fronteiras

Falar de Jill Tarter é falar de toda unha lenda na procura de vida extraterrestre. Esta astrónoma estadounidense foi fundadora e directora do principal insistuto dedicado a buscar sinais da súa existencia.

16/01/2019

Hoxe, 16 de xaneiro, Jill Tarter cumpre 75 anos como toda unha referente da materia. En 1944 nacía en Nova York e, desde moi pequena destacou polo seu carácter rebelde e curioso, características que naquela época asociábanse con comportamentos tipicamente masculinos; segundo expresaba a súa contorna.


Coa tenra idade de 8 anos xa sabía o que quería ser de maior: enxeñeira. Adoraba a física e as matemáticas e sentíase atraída por outras actividades, como a carpintería, que lle foron negadas por ser muller.


Con todo, isto non fixo que deixase de loitar polos seus soños e de abrir portas a outras mulleres. En 1965 licenciouse en Enxeñería Física na Universidade de Cornell como a única muller de 300 estudantes.


Proseguiu os seus estudos nun ámbito que a apaixonaba, conseguindo en 1971 o Máster en Astronomía e, catro anos despois, o Doutoramento na Universidade de California. A súa tese tratou sobre as ananas marróns, os corpos celestes que non son nin estrelas nin planetas e cuxo nome ela mesma acuñou.


Durante estes anos de formación tivo os seus primeiros contactos co ámbito da Procura de Vida Extraterrestre (SETI polas súas siglas en inglés) e coñeceu ao Dr. Boyer, un astrónomo que quería utilizar radiotelescopios nesta procura e que sería o que a convencería de dedicarse a esta especialidade. Foi ao falarlle dun proxecto da NASA para buscar sinais de radio emitidas por vida extraterrestre. Tarter atopou a súa paixón: quería responder á antiga pregunta de se estamos sós no universo.

 

Creación do SETI Institute
A partir dese momento, a astrónoma neoyorkina converteuse nunha figura crave da ciencia SETI, e como tal tívose que enfrontar a prexuízos e discriminación. Pero isto só fixo que traballase máis duro. En 1984 fundou o SETI Institute e de 1999 a 2012 foi a súa directora. Neses anos liderou numerosos proxectos para buscar sinais de vida extraterrestre noutros sistemas estelares e axudou a deseñar novas tecnoloxías.


Ademais, durante os 80 (e sobre todo os 90) o seu nome saltou á fama grazas á novela Contact. Nela o astrónomo e divulgador Carl Sagan, ao que coñecera anos antes, baseouse en Jill Tarter para a personaxe principal do libro. A finais dos 90 a obra foi levada ao cinema, facéndoa coñecida e inspirando a miles de mulleres en todo o mundo a desenvolver carreiras tradicionalmente asociadas máis aos homes.

 

En 2012 xubilouse tras unha emocionante e completísima carreira que lle reportou numerosos premios e recoñecementos como o TED (Technology, Education, Design) ou o ser elixida como unha das cen persoas máis influentes do mundo en 2004 pola revista Time.

 

Xa retirada segue sendo un referente na materia e falando do tema. En revistas recentes asegurou que este será o século en que se descubra vida fóra da terra. O que é seguro é que, grazas ao seu traballo, moitas mulleres despois dela tentarán facer realidade o seu soño de facer carreira no mundo científico.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia