Infórmate > Noticias 

Noticias 

Ada Lovelace, a primeira programadora da historia
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

11/12/2018

1 de 1

Filla de Annabella Milbanke e do poeta inglés Lord Byron, ao que apenas coñeceu, Ada Lovelace fíxose un oco na historia por méritos propios ao converterse na primeira muller programadora informática no século XIX

 

Nada en Londres o 10 de decembro de 1815 como Augusta Ada Byron, os seus pais separáronse ao pouco de nacer ela e sería a súa nai, matemática de profesión, a que a criaría. Esta, co afán de afastala da desenfreada vida do seu pai e das súas tendencias artísticas, educouna no pensamento lóxico e científico.


Non obstante, a pesar dos esforzos da súa nai, Ada conservou a súa faceta máis creativa e combinábaa cos seus coñecementos científicos. Así, sempre soñou con crear e inventar durante toda a súa infancia e adolescencia e chegaría a ser matemática e escritora.


A súa gran implicación no mundo da programación viu coa fascinación que sentiu polo estudo da máquina analítica, é dicir, a antecesora do ordenador. Estaba tan impactada que chegou a coñecer ao seu inventor, Charles Babbage, e mostrarlle as ideas que tiña sobre a súa investigación. El quedou tan impresionado que incluso traballou un tempo con el realizando os programas, o software e o hardware do proxecto. O seu mestre tiña en gran estima o seu talento, de aí que se convertera na súa axudante.


Pero a súa visión ía máis alá da do seu creador e os seus contemporáneos, que concibían este instrumento como matemático. Ada podía intuír que chegaría a facer música, escritura e todo o que se puidera imaxinar. Foi unha adiantada ao seu tempo. Tanto, que ninguén viu a importancia daquela primeira linguaxe de programación, que quedaría un tempo no ouvido e que hoxe se reivindica pola transcendencia e visión de futuro que supuxo.


A súa visión publicouse a mediados do século XIX, case 100 anos antes do ordenador moderno, e firmado só coas súas iniciais, para non ser censurada por ser muller. Pero non lle importaba pois afirmaba que non buscaba a fama, senón ser boa no que facía.

 

Reivindicación do papel da muller na ciencia e na enxeñaría
Ada Lovelace, recordada así porque casou con William King, conde de Lovelace, foi sen dúbida unha científica e programadora adiantada ao seu tempo. Filla dunha muller rica e pouco convencional para a época vitoriana, amante das matemáticas e xeometría, a súa filla puido gozar dunha educación á que moitas contemporáneas non tiñan acceso, chegando a estudar na Universidade de Londres e tendo a oportunidade de coñecer a persoeiros da época como Dickens ou Faraday.


Como lle ven ocorrendo dende sempre á muller en campos durante longos anos reservados aos homes, non obtivo no seu momento o recoñecemento que merecía nin foron tomados en serio os seus traballos. Por fortuna, hoxe pode recordarse a súa figura como o que foi: unha pioneira que abriu as portas das matemáticas e da enxeñería informática a moitas mulleres despois dela. Nas últimas décadas pasou a ser un nome destacado e inclusive o Departamento de Defensa de Estados Unidos desenvolveu unha linguaxe de programación que chamou ADA na súa honra.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA