Infórmate > Noticias 

Noticias 

Dolores Ibárruri, ‘la Pasionaria’
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

07/12/2018

1 de 1

O 9 de decembro de 1985 nacía en Biscaia Dores Ibárruri Gómez, chamada a pasar á Historia como unha das grandes defensoras da igualdade de dereitos, ademais dunha gran oradora, líder e dirixente comunista.


Nada nunha familia conservadora, como moitas mulleres da época viuse obrigada a abandonar o seu soño (de converterse en profesora) e poñerse a traballar con 15 anos. A pesar disto, sempre a acompañaría a súa paixón pola lectura, que a instruíu na realidade e correntes de pensamento do momento.


Empezou así a interesarse pola ideoloxía marxista e en 1915 casou cun mineiro e militante socialista, tempo no que aumenta o seu interese por involucrarse na política. Así, rompendo cos estereotipos da época, que marcaban que debía quedarse na casa a coidarse do seu marido e fillos, Dolores comezou a escribir en xornais co pseudónimo de la Pasionaria, por coincidir a publicación do seu primeiro artigo coa Semana Santa. Este sobrenome acompañaríaa xa ata o final dos seus días, pois unha dos seus maiores características era a paixón coa que defendía as súas conviccións.


Coa súa maior participación na vida política e nos medios cada vez era máis recoñecida, en especial polos seus dotes para a oratoria. En 1920 participou na escisión do PSOE que daría lugar ao nacemento do Partido Comunista de España (PCE), do que foi unha das primeiras integrantes un ano máis tarde.


O seu  innato talento para a comunicación pública e a súa maneira de facer política fixeron que tomase un papel moi destacado no partido. E mesmo o seu intenso activismo político e participación en manifestacións e reivindicacións sociais levárona a ingresar en prisión en varias ocasións nos primeiros anos 30.

 

Símbolo de resistencia ata o final
Xa durante os anos da Guerra Civil Española converteuse en símbolo do bando republicano. Sería durante estes anos cando a súa figura converteuse na lenda que é hoxe en día grazas ás súas arengas e a súa presenza constante na fronte. Especialmente lembrado é o “Non pasarán” que pronunciou no discurso que deu o 19 de xullo de 1936 no Ministerio de Gobernación como un chamamento á cidadanía para frear o avance do fascismo.


Tras o final da Guerra Civil e o inicio da ditadura de Franco refuxiouse na  URSS, onde continuou co seu activismo e tomou relevancia dentro do movemento comunista internacional. En 1960 deixaría o cargo de secretaria do PCE para ser a súa presidenta.


Tras a morte de Franco, regresou a España e foi elixida como deputada das Cortes Constituíntes en 1977. Doce anos despois falecía unha muller admirada polas súas amizades, pero tamén polas súas adversarias e adversarios debido á incansable loita e defensa das súas ideas e conviccións.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA