Cookies

Plan estratéxico

Plan estratéxico
 
A procura constante da calidade na nosa Fundación reflíctese na redacción do Plan Estratéxico, que supón unha ferramenta de consenso e serve para que traballemos con obxectivos e principios comúns, así como cun marco de acción claro.
 
En 2011 elaboramos o I Plan Estratéxico (2011-2014), en 2015 o segundo (2016-2020) en 2021 o terceiro (2021-2023) e en 2024 o cuarto (2024-2026) que, tras ser aprobado polos e polas membros do Padroado, facemos público nos apartado DOCUMENTOS da dereita.
 
Progreso de resultados do III Plan Estratéxico 2021-23
 
 
Compromiso cos ODS e Axenda 2030

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable foi asinada en 2015 polos xefes de Estado e de Goberno dos países membros de Nacións Unidas. Representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, pondo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade e a paz, baixo a lema de "non deixar a ninguén atrás".

Explica como ha de procederse en 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS), que cobren todas as políticas públicas domésticas, a acción exterior e a cooperación para o desenvolvemento. Os ODS son universais, aplícanse por igual a países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento, abordan as raíces da pobreza, a desigualdade e a degradación do planeta, e pretenden ser profundamente transformadores.

Desde a Fundación Érguete-Integración traballamos para axudar ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, xa que temos o convencemento de que hai que actuar mancomunadamente para cumprilos, integrándoos no noso Plan Estratéxico.

 

 

 

      Imprimir