Cookies

Calidade

Somos unha entidade preocupada polo bo facer e comprometida coa calidade e a excelencia. En 2007 decidimos a formalización da xestión da calidade coa finalidade de conseguir a súa optimización e buscar o coñecemento das necesidades e satisfacción dos nosos grupos de interese e adaptarnos aos cambios da sociedade.

Tras un debate entre líderes e responsables de programas da entidade e o apoio
conseguido por UNAD, decídese a implantación do sistema de calidade EFQM.

En 2009 acreditouse o selo de Compromiso coa excelencia 200+, e en 2011 o selo
300+, renovado en 2014, 2016 e 2018 (este con vixencia até 2021).

En 2021, decídese o cambio ao modelo ISO 9001:2015, certificado por Bureau Veritas, co seguinte alcance:

Fundación sen ánimo de lucro de atención a persoas en situación de vulnerabilidade
en tres áreas de atención, con perspectiva de xénero: incorporación laboral e desenvolvemento de formación, intervención penal e intervención social, para facilitar
a inclusión sociolaboral a través do desenvolvemento das habilidades e/ou competencias persoais e profesionais, e promoción da saúde.

Política de provedores

A Fundación Érguete-Integración ten implantado un sistema de xestión de calidade ISO 9001, e como parte do mesmo definiu un sistema para a avaliación de provedores como elemento crave para o correcto de desempeño das nosas actividades.

A política corporativa da entidade ten por obxecto:

  • Concentrar as compras nun número limitado de Provedores excelentes.
  • Buscar o menor custo total das subministracións, tendo en conta non só o prezo, senón tamén o custo da calidade e do servizo en relación ás prestacións requiridas para o produto adquirido.
  • Relacionarse preferentemente con Provedores en posesión das certificacións do Sistema de Calidade, outorgados por Organismos de Certificación acreditados.
  • Establecer relacións cos Provedores baseándose sempre na honestidade e o rigor por ambas as partes.

No documento Requisitos esixidos a provedores pode coñecer de primeira man os nosos criterios de avaliación tanto iniciais como continuos.

      Imprimir