Cookies

Equipo Técnico

 

Coordinación de Programas                                                       

Ana M. Álvarez Franco

Encárgome da Dirección e Xestión da Fundación, coordinando os diferentes os programas e servizos, e a áreas de relacións institucionais. Lcda. en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Socio-Educativa, pola USC. Comecei o meu traballo na entidade como titora e posteriormente directora de Obradoiros de Emprego, e Axente de Emprego.

 

Responsables de Programas                                                       

Charo González Costas

Son Directora da Empresa EIL Cormo Integral, SLU. Enxeñeira de Montes e Enxeñeira Técnica Forestal en Explotacións Forestais pola UVigo e  Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais (especialidade de Seguridade no Traballo). Comecei a miña traxectoria como Técnico en Empresa de Servizos Forestais e no Servizo de Montes da Administración Pública.

 

Silvia Fernández Fuentes

Son Responsable do Servizo de Orientación Laboral, Traballadora Social pola UVigo, Técnico Especialista en Prevención de Riscos Laborais, Masters en Seguridade no Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada á Empresa pola UBarcelona, Experta Universitaria en Integración Laboral pola USC. Inicié a mñai actividade na Entidade no ano 2006, como técnico do programa Sísifo, en 2007 pasei a ser responsable de Formación Ocupacional e Técnico de Inserción nol Programa Incorpora.

 

Ana Mª Pascual Hermida

Son Responsable do Ciber Emprego e Técnica de Inserción. Lcda. en Ciencias Económicas pola UVigo. Comencei a miña traxectoria como docente de Informática, na empresa privada, impartindo cursos de formación ocupacional durante 10 anos.

 

María Rodríguez Lago

Son Responsable do Programa Itinere, Diplomada en Educación Social pola USC, especializada en Marxinación e Exclusión Social e, Animación Sociocultural e Desenvolvemento Comunitario. Realicei o Curso Master de Xénero en Galicia. Comencei a miña traxectoria profesional como Educadora en Vivienda de Apoio ao Tratamento para drogodependentes da Asociación Érguete.

 

Rosaura Romo Hernández

Son Responsable do Programa Reincorpora. Lcda. en Historia do Arte pola USC, realicei o Máster en Servicios Culturais e o Curso de Formación Específica de Posgrao en Responsabilidade Social. A miña traxectoria profesional estivo vinculada ao desenvolvemento de proxectos culturais e sociais. En 2011 entrei na Fundación Érguete-Integración, na Coruña, coma técnica do programa de prisión Itínere e despois do Programa Reincorpora.

 

Deli Uriz Corrales

Son Responsable do Programa Sísifo. Coordinadora dun equipo multidisciplinar, dinámico, flexible e especializado, dedicado á intervención e atención a persoas con algún tipo de adicción e/ou en exclusión social.

 

 

Sole Costas Román

Son responsable do Programa Incorpora. Licenciada en Socioloxía pola Universidade de A Coruña e especializada en orientación sociolaboral. Desenvolvín a miña actividade laboral previa nlos ámbitos da investigación social, os proxectos de emprego e de cualificacións, a democracia participativa e a investigación-acción participativa. Comezei a miña traxectoria na Fundación como responsable de Formación Ocupacional e do Punto de Formación Incorpora

 

Marta Alonso Lorenzo

Son responsable do Programa Punto de Autoemprego Incorpora. Diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Vigo e Técncia en Integración Social. Comencei a miña traxectoria na Fundación Érguete como prospectora de empresas e actualmente encárgome da Área de Autoemprego.

 

 Maite Pena Rodríguez

 Son a responsable da Área de Igualdade, Licenciada en   Historia pola Universidade de Santiago  de Compostela e   Máster en Educación en Igualdade de Xénero e Políticas de Igualdade pola  Universidade de Vigo. Comecei a miña traxectoria na Fundación Érguete-Integración impartindo  formación transversal vinculada á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como á inserción laboral. Actualmente desempeño as funcións de Técnica de Igualdade e de Técnica Reincorpora.

      Imprimir