22/11/2016 | A Lama
1 de 1
© Deputación de Pontevedra
Onte pola tarde, Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, visitou no Centro Penitenciario da Lama ás alumnas dun curso de Operadora de Telemarketing, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado pola institución provincial ao abeiro das axudas a entidades para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero no presente ano 2016.
O obxectivo xeral desta acción de formación é o de favorecer a formación integral das reclusas para a súa incorporación sociolaboral cando estean en liberdade, ademais de darlles coñecementos necesarios para desempeñar un oficio, favorecer as súas habilidades sociais para promover a súa integración a través da aprendizaxe e proporcionar os coñecementos e as destrezas necesarias para desenvolver a súa busca activa de emprego.
Durante 60 horas, as alumnas recibiron formación xeral para o traballo (perfil profesional, entorno laboral, resolución de conflitos e formación para a Igualdade) e específica relativa á profesión de operadora de Telemarketing, de luns a xoves en horario de tarde. A metodoloxía empregada integra unha parte teórica con outra práctica, ademais de estimular a creatividade, a resolución de problemas, a formulación de pequenos proxectos ou relacionar a adquisición desas habilidades coas do ámbito social. Á vez, adquiriron conceptos como o compromiso, a mellora das relacións entre iguais, o encontro consigo mesmas e o deseño das súas ferramentas de busca de emprego.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Formación Ocupacional
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801