Cookies

Noticias 

© Jacobo Bugarín | 26/01/2017 | Narcoarquitectura. Arquitectura do narcotráfico en Galicia

Carmen Avendaño na exposición VELAR E DESVELAR do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa de A Coruña

A Presidenta da Fundación Érguete-Integración, Carmen Avendaño, protagonista dunha exposición sobre narcoarquitectura que se inaugura o 26 de xaneiro ás 20:00  na Coruña.

26/01/2017 | A Coruña

O xoves 26 de xaneiro de 2017 inaugúrase unha exposición colectiva no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa da Coruña, denominada VELAR E DESVELAR. Nela participa o arquitecto Jacobo Bugarín, que utiliza como material expositivo na súa montaxe sobre narcoarquitectura, un fragmento dunha vídeo-entrevista realizada á nosa presidenta Carmen Avendaño, como se pode observar na fotografía que acompaña a esta nova.

"Sucedeu antes, despois é unha instalación específica para o MAC que se vertebra, por unha banda, con parte das pezas que compoñen a investigación sobre a Narcoarquitectura. Arquitectura do narcotráfico en Galicia. O vídeo-entrevista a Carmen Avendaño (Fundación Érguete-Integración) aúna a instalación xunto coa mesa Desaparece, volve, achégase e afástase, a maqueta e retroproxección Dourado (ardían casas) e a peza de parede Sen pasar da raia. O proxecto complétase mediante outra peza paralela que desvela parte do sistema de relacións do museo a través de intervencións e comunicacións ocultas.

Bugarín esconde e amosa dous sistemas concretos: o que posibilita a arquitectura do narcotráfico en Galicia, e o sistema de afectos que dá lugar a que sexa posible a comunicación. Entender así o entrmado artístico como un continente que posibilita o encontro, no que todos -comisarios, directores, artistas, responsables de sala- son cómplices e responsables. Facéndonos ver a enmarañada natureza que os define e iguala.

Será o equipo de didáctica do Museo, con Jorge e Carmen como responsables, os que serán capaces de completar a obra (ou parte dela). Mediante as súas rutinas, ao seu tempo: no seu espazo."

Esta exposición poderase visitar desde o 26 de xaneiro (inauguración ás 20:00 horas) ata o 23 de abril. Acceso libre.

Arquivada en:
Quen somos > Padroado