Infórmate > Noticias 

Noticias 

Taller básico de finanzas persoais
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

22/06/2017 | A Coruña

Catro usuarios de Coruña da Fundación Érguete-Integración acoden ao Taller Básico de Finanzas Persoais organizado pola Oficina de Voluntariado “A Caixa” e o Grupo Incorpora Galicia.

1 de 1

A Fundación Juan Soñador en Coruña, como representante do Grupo Incorpora Galicia, organizou os pasados días 20 e 21 de xuño o primeiro Taller Básico de Finanzas persoais en colaboración coa Oficina de Voluntariado “A Caixa”.

O obxectivo do taller era o desenvolvemento das competencias das persoas como vía para que poidan tomar decisións con conciencia no ámbito da economía familiar.

Para conseguilo, o taller dividiuse en dúas sesións e dous bloques. O primeiro “Xestiona a túa economía”, centrouse na xestión do orzamento familiar, o aforro e o endeudamiento. Mentres que o segundo bloque, “O teu banco e ti”, abarcou a economía bancaria básica, o consumo de produtos e servizos financeiros.

Na actividade participaron 20 persoas ligadas a entidades da Rede Incorpora Galicia, entre as que se atopaban 4 usuarios da Fundación Érguete Integración, internos no Centro de Inserción Social Coruña, os cales, ao finalizar, evaluaron moi positivamente os contidos e á formadora.
 

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA