Cookies

Noticias 

Proxecto ACHÉGATE: proxecto de motivación para o cambio, con mulleres xitanas privadas de liberdade

O programa ITÍNERE desenvolverá una nova acción formativa en 2017 con mulleres de comunidade xitana.

29/05/2017 | A Lama

A presenza de mulleres pertencentes á comunidade xitana no módulo 10 do CP A Lama, foi obxecto de atención por parte desta entidade social desde o ano 2009 a través dos diferentes proxectos de formación. Desde o ano 2009 participaron un total de 26 mulleres xitanas nas diferentes actividades formativas que Fundación Érguete desenvolve dentro do penal pontevedrés.

A comunidade xitana en xeral presenta carencias relacionadas coa formación académica básica, ausencia de hábitos laborais e dificultade para desenvolver unha actividade ou acción cun obxectivo a medio longo prazo. En relación a aspectos relacionados coa saúde existe unha gran representación de persoas con problemas de adiccións así como enfermidades de tipo común derivadas de hábitos alimenticios e persoais pouco saudables. A todo isto súmanselle limitacións de tipo cultural no acceso aos servizos e o aproveitamento das oportunidades existentes, normalmente derivado dunha escasa autoestima e unha total ausencia de motivación.

Desde o  programa ITÍNERE viuse necesario crear un espazo propio para este colectivo de mulleres, cun proxecto formativo acorde ás súas necesidades e características que mellore as súas habilidades sociolaborais, a fin de reverter a situación actual nun proceso de crecemento e aproveitamento dos recursos persoais, materiais e temporais.

O proxecto Achégate consta de dez sesións formativas, grupadas en catro bloques temáticos, cun tortal de 30 horas formativas ao longo dos meses de xullo e agosto.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere