Cookies

Noticias 

© FEI | 23/05/2017 | Intervención de Carmen Avendaño Otero na xornada de autoemprego do PAI. Maio 2017.

A Fundación Érguete-Integración celebrou unha xornada para presentar o programa de asesoramento para o autoemprego promovido pola Obra Social ''la Caixa''

A Fundación Érguete-Integración realizou unha xornada de sensibilización para o emprendemento, coa finalidade de dar a coñecer o programa Punto de Autoemprego Incorpora, promovido pola Obra Social la “Caixa”, e que axuda aos emprendedores a por en marcha a súa idea de negocio mediante o asesoramento e facilitando o acceso á financiación necesaria.

23/05/2017 | Vigo

En 2016 acompañamos a 64 posibles emprendendores/as, creándose 12 empresas e conseguindo 6 microcréditos de Caixabank por valor de 84.000 euros en Vigo. En 2017, ata agora, atendemos a 41 persoas, con 9 novas empresas creadas e 3 microcréditos concedidos, por valor de 26.000 euros.

A Xornada “Axudámosche a emprender” tivo lugar o día 23 de maio na Casa Galega da Cultura. O acto estivo destinado a promover e sensibilizar ao autoemprego, así como dar a coñecer o programa de asesoramento a emprendedores que a Fundación xestiona para todas as entidades do grupo Incorpora Galicia e que está promovido pola Obra Social “la Caixa”.

Participaron Santiago A. Luaces de la Herrán, representante de Microbank, para explicar o Microcrédito Social que esta entidade ofrece a emprendedores sen recursos económicos; Carlos Rosón Varela, director de IGAXES3 (entidade coordinadora do Grupo Incorpora Galicia); Inmaculada Rodríguez Cuervo, CEO de Emociacción que impartiu o taller “Preparados para emprender”; ademáis da Técnica do programa, Marta Alonso Lorenzo. Clausurarou a Xornada a Presidenta da entidade, M. Carmen Avendaño Otero.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora