Ana M. Álvarez Franco
Encárgome da Dirección e Xestión da Fundación, coordinando os diferentes os programas e servizos, e a áreas de relacións institucionais. Lcda. en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Socio-Educativa, pola USC. Comecei o meu traballo na entidade como titora e posteriormente directora de Obradoiros de Emprego, e Axente de Emprego.
Charo González Costas
Son Directora da Empresa EIL Cormo Integral, SLU. Enxeñeira de Montes e Enxeñeira Técnica Forestal en Explotacións Forestais pola UVigo e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais (especialidade de Seguridade no Traballo). Comecei a miña traxectoria como Técnico en Empresa de Servizos Forestais e no Servizo de Montes da Administración Pública.
Silvia Fernández Fuentes
Son Responsable do Servizo de Orientación Laboral, Traballadora Social pola UVigo, Técnico Especialista en Prevención de Riscos Laborais, Masters en Seguridade no Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada á Empresa pola UBarcelona, Experta Universitaria en Integración Laboral pola USC. Inicié a mñai actividade na Entidade no ano 2006, como técnico do programa Sísifo, en 2007 pasei a ser responsable de Formación Ocupacional e Técnico de Inserción nol Programa Incorpora.
Ana Mª Pascual Hermida
Son Responsable do Ciber Emprego e Técnica de Inserción. Lcda. en Ciencias Económicas pola UVigo. Comencei a miña traxectoria como docente de Informática, na empresa privada, impartindo cursos de formación ocupacional durante 10 anos.
María Rodríguez Lago
Son Responsable do Programa Itinere, Diplomada en Educación Social pola USC, especializada en Marxinación e Exclusión Social e, Animación Sociocultural e Desenvolvemento Comunitario. Realicei o Curso Master de Xénero en Galicia. Comencei a miña traxectoria profesional como Educadora en Vivienda de Apoio ao Tratamento para drogodependentes da Asociación Érguete.
Rosaura Romo Hernández
Son Responsable do Programa Reincorpora. Lcda. en Historia do Arte pola USC, realicei o Máster en Servicios Culturais e o Curso de Formación Específica de Posgrao en Responsabilidade Social. A miña traxectoria profesional estivo vinculada ao desenvolvemento de proxectos culturais e sociais. En 2011 entrei na Fundación Érguete-Integración, na Coruña, coma técnica do programa de prisión Itínere e despois do Programa Reincorpora.
Deli Uriz Corrales
Son Responsable do Programa Sísifo. Coordinadora dun equipo multidisciplinar, dinámico, flexible e especializado, dedicado á intervención e atención a persoas con algún tipo de adicción e/ou en exclusión social.
Yolanda Gómez Ambrosio
Son responsable do Programa Incorpora, Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola UCM, especializada en Economía Laboral, e con ampla formación e experiencia na xestión de Recursos Humanos. Inicieime na Fundación Érguete-Integración executando programas de formación e empleo.
Sole Costas Román
Son responsable de Formación Ocupacional e do Punto Formativo Incorpora. Licenciada en Socioloxía pola Universidade de A Coruña e especializada en orientación sociolaboral. Desenvolvín a miña actividade laboral previa nlos ámbitos da investigación social, os proxectos de emprego e de cualificacións, a democracia participativa e a investigación-acción participativa.
Marta Alonso Lorenzo
Son responsable do Programa Punto de Autoemprego Incorpora. Diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Vigo e Técncia en Integración Social. Comencei a miña traxectoria na Fundación Érguete como prospectora de empresas e actualmente encárgome da Área de Autoemprego.
Maite Pena Rodríguez
Son a responsable da Área de Igualdade, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Educación en Igualdade de Xénero e Políticas de Igualdade pola Universidade de Vigo. Comecei a miña traxectoria na Fundación Érguete-Integración impartindo formación transversal vinculada á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como á inserción laboral. Actualmente desempeño as funcións de Técnica de Igualdade e de Técnica Reincorpora.
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801