21/12/2016 | Vigo
O martes 20 de decembro celebrouse na Fundación a entrega de diplomas dos cursos de formación ocupacional levados a cabo durante o ano 2016.
1 de 1
© FEI
Neste acto entregáronse os diplomas dos cursos do Punto Formativo Incorpora nas especialidades de Axudante de Catering, Limpeza de cristais e superficies de inmobles e Axudante de Panadaría, así como do curso de Peón de Xardinaría enmarcado nas actividades de Inclusión Social.
En total formáronse 90 persoas e cabe destacar que entre estes participantes asináronse 45 contratos de traballo. Toda a formación conta con prácticas non laborais, xa que son un elemento fundamental no proceso formativo, de contacto co mercado laboral e de aprendizaxe, para iso se realizáron 35 convenios con empresas.
Ao acto acudiron, ademais dos alumnos e alumnas que recollían os seus diplomas, a nosa presidenta Carmen Avendaño, representantes do CP A Lama e do CIS de Vigo, as organizacións empresariais coas que colaboramos na formación, algunhas empresas nas que o alumnado realizou as súas prácticas, docentes, persoal de entidades colaboradoras e persoal técnico da nosa Fundación.
Aproveitamos este espazo para felicitar a todo o alumnado e enviarlles os nosos mellores desexos para o seu proceso de inserción laboral.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Formación Ocupacional
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801