02/06/2017 | Lourizán-Pontevedra
Acto de firma do convenio de colaboración nas instalacións de Ence o venres 2 de xuño.
1 de 2
© FEI
Este ano Ence lanzou a I Convocatoria do seu Programa Marco de Responsabilidade Social, e seleccionou o proxecto presentado pola Fundación Érguete-Integración na categoría de “Loita contra a exclusión social”.
A finalidade do Convenio de Colaboración que se asina é o desenvolvemento do proxecto Intervención con persoas drogodependentes en O Vao, que ten como obxectivo detectar poboacións ocultas de drogodependentes con vulnerabilidade ou en situación de risco, ampliar a cobertura de atención de rúa, reducir ou limitar danos socio sanitarios e mellorar a información e o acceso cara aos recursos asistenciais. Ence realizará unha achega por importe de 11.000 euros, en concepto de axuda económica.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801