Cookies

Noticias 

© FEI | 06/05/2022 | Emprego Inclusivo: Inauguración Curso atención a persoas dependentes en Marín

Inicio do curso de atención a persoas depenedentes

Comeza o primeiro curso do Proxecto Emprego Inclusivo 2022, con 12 alumnos/as.

06/05/2022 | Marín

O proxecto Emprego Inclusivo, promovido pola Deputación de Pontevedra, e desenvolvido coa colaboración do Concello de Marín, está pensado para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión social, facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación ou capacitación técnica e prácticas en empresa, e Itinerarios Individualizados de Inserción, que engádense á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.

Coa formación de Atención a persoas dependentes, 12 persoas desempregadas adquirirán os coñecementos e prácticas profesionais que lles permitirá desenvolver a súa actividade laboral en entidades privadas, con ou sen ánimo de lucro, que ofertan servicios directos á persoa usuaria.

O curso ten unha duración de 200 horas, e desenvolverase desde o 6 de maio ata o 29 de xullo, incluídas 80 horas de prácticas en empresas.

Á inauguración deste curso asistiron esta mañá a Presidenta da Fundación Érguete-Integración, Dª Carmen Avendaño Otero, a Deputada Provincial Olga Ramos García, e a Concelleira do Concello de Marín, Dª Mónica Viqueira, que puxeron en valor a importancia da formación para a busca de emprego das persoas participantes, así como a colaboración establecida entre as dúas administracións e a entidade social, por segundo ano consecutivo.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Emprego Inclusivo