Infórmate > Noticias 

Noticias 

O Deportivo da Coruña visita o Centro de Inserción Social (CIS)
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/05/2017 | A Coruña

A colaboración entre Fundación Érguete e o CF Deportivo da Coruña permitiu achegar ao C.I.S o programa educativo "Os Nosos Valores"

1 de 1

Grazas á colaboración entre a Fundación Érguete-Integración e o CF Deportivo da Coruña impartiuse no Centro de Inserción Social (C.I.S.) da Coruña o programa “Os nosos valores”. Esta actividade pretende transmitir os valores que hai detrás do deporte como o esforzo, o sacrificio e o compañeirismo, imprescindibles para a vida do Club.

A primeira parte do programa tivo lugar no CIS e consistiu nunha acción educativa a través da intervención de dúas ponentes María Gordo Perdiguera, xogadora do equipo A feminino do Deportivo, que compaxina a súa carreira deportiva cos seus estudos de psicoloxía; e José Manuel Ferreira Colmenero campión europeo de artes marcias na especialidade de Wushu.

Tamén estivo presente o conselleiro de área social do Deportivo da Coruña, Manuel Pita.

O programa continuará cunha visita guiada ao estadio de Riazor dun grupo de 25 usuarios da Fundación Erguete, hoxe xoves ás 18:00, e pecharase coa súa asistencia ao próximo partido, o domingo 7 de maio, onde o Deportivo enfrontarase ao Espanyol.

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA