Cookies

Noticias 

Competencias clave de nivel 2

A Fundación Érguete–Integración, desenvolverá a II Edición do Programa Competencias Calve N 2, no CP A Lama.

21/02/2017 | A Lama

En 2016 a Fundación Érguete desenvolveu  no CP A Lama (Pontevedra), como experiencia piloto, un curso de preparación para a certificación de Competencias Clave N2. A finalidade foi facilitar o acceso á proba aos/as participantes, coa intención de que unha vez superada accedesen á formación ocupacional con Certificado de Profesionalidade que ofrece a institución penal.

O éxito da actividade - na que participaron 15 persoas privadas de liberdade e das que o 100% superou o exame oficial -  motivou unha segunda edición. O grupo está integrado por 13 homes e 2 mulleres, durante as sesións formativas reforzarán e afianzarán os coñecementos en Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere