Cookies

Noticias 

© FEI | 14/02/2023 | Preparación competencias clave CIS A Coruña 2023

Comezamos a preparación para as competencias clave no C.I.S. de A Coruña

Dez persoas de Coruña en réxime de semiliberdade comezaron as clases para preparar o exame de competencias clave

14/02/2023 | A Coruña

Este luns, 13 de febreiro, comezaron as clases formativas para preparar o exame de competencias clave nivel dous, un grupo de 10 persoas usuarias da Fundación Érguete-Integración que están a finalizar a súa condena no C.I.S. da Coruña.

Este programa lévase a cabo dentro do Programa de Apoio á Inclusión Sociolaboral no medio penal que impulsa a Consellería de Política Social a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7%.

As persoas matriculadas, comezaron as clases este luns pola tarde e estarán prepararándose ate o próximo 22 de maio, un total de 200h, para poder acadar o nivel suficiente para poder presentarse e superar a proba evaluativa de competencias clave nivel dous, que previsiblemente será a finais de maio. O grupo matriculouse en matemáticas, lingua galega e lingua castelá.

O grupo está composto por tres mulleres e sete homes. Para o grupo de persoas que participa nesta actividade é moi importante superar esta proba xa que, se o fan, poderán acceder a algún certificado de profesionalidade de nivel 2 que lles abra o abano de posibilidades no mercado laboral.

A formación realizarana da man de Alba, que lles acompañará en todo este proceso e lles axudará a asimilar todos os coñecementos para que poidan acadar o nivel necesario.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Apoio á inclusión sociolaboral en medio penal