Acción Formativa

Curso de ADQUISICION DE COÑECEMENTOS BASICOS DIXITAIS

A Fundación Érguete-Integración levará a cabo dous cursos de ADQUISICIÓN DE COÑECEMENTOS BÁSICOS DIXITAIS de 40 horas de duración.

DATAS: De 19 a 30 de abril de 2021.

HORARIO: Edición de mañá de 09:00 13:00 e edición de tarde de 16:00 a 20:00.

Trátase dunha actuación subvencionada ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) “O FSE inviste no teu futuro” no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”. Dirección Xeral Inclusión Social. Procedemento: BS631A.