04/12/2017 | A Coruña
Obra Social "la Caixa" e Fundación Érguete - Integración apoian a integración laboral de persoas privadas de liberdade a través do Programa Reincorpora.
1 de 1
© FEI
Hoxe clausurouse o proxecto InOut do Programa Reincorpora desenvolvido este ano, nun acto celebrado no Centro de Inserción Social “Carmela Arias e Díaz de Rábago”, ás 12:00 horas, coa presenza de José Carlos Cobas (Director de área de CaixaBank), Beatriz Alonso Espiñeira (Subdirectora de Tratamento do Centro de Inserción Social), Carlos Coello Otero (Subdirector de Tratamento do Centro Penal de Teixeiro), e Carmen Avendaño Otero (Presidenta de Fundación Érguete-Integración). Tamén participan como convidados representantes do Centro de Formación Cruz Vermella e empresas nas que realizaron prácticas os participantes.
A Fundación Érguete-Integración colabora co programa Reincorpora da Obra Social “la Caixa” desde 2011. Durante este ano realizouse un itinerario de inserción sociolaboral IN OUT no Centro Penitenciario de Teixeiro, cunha finalidade clara: fomentar e favorecer a integración laboral das persoas privadas de liberdade.
A duración foi de 10 meses de intervención, en dúas fases:
Finalmente, realizaron prácticas non laborais en empresas, o servizo solidario e iniciaron a súa procura activa de emprego.
O servizo solidario, “Sementando o cambio”, realizouse en colaboración coa asociación Semilla para el cambio que desenvolve proxectos de comercio xusto e consumo responsable.
Os/as beneficiarios/as que finalizaron o itinerario pasan a formar parte do Programa Incorpora, onde se lles realiza un seguimento do seu proceso de inserción sen límite de tempo.
Neste momento 4 xa alcanzaron o obxectivo da súa incorporación laboral.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801