Noticias
© FEI | 07/09/2023 | El Servicio de Orientación Laboral cumple 5 años
Cinco anos do Servizo de Orientación Laboral
Este mes estamos de celebración! O Servizo de Orientación Laboral da Fundación Érguete-Integración cumpre 5 anos en funcionamento e á disposición das persoas demandantes de emprego.
07/09/2023 | Vigo
Durante todos estes anos dende o seu despacho e tamén dende a casa durante o confinamento –a través de citas telemáticas- a nosa orientadora Silvia Fernández, realizou 1743 entrevistas (683 delas a homes e 1060 a mulleres).
A partir de setembro de 2018, Silvia atendeu a 619 persoas demandantes de emprego das cales 259 eran homes e 360 mulleres.
O SOL seguirá traballando para conseguir informar ás persoas demandantes de emprego sobre as posibilidades dentro do seu perfil profesional tratando tamén de compatibilizar esta demanda coa oferta existente.
Se precisades orientación ou asesoramento podedes achegarvos ata a nosa sede en Vigo (Avda. Martínez Garrido nº21 interior) e solicitar unha cita con Silvia. Tamén podedes chamar ao noso número telefónico (986 25 31 76) ou enviar un correo electrónico a orientacion@fundacionerguete.org
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Servizo de Orientación Laboral