Cookies

Noticias 

© FEI | 31/05/2017 | Novos Equipos no Ciber Emprego

RENOVACIÓN EQUIPOS INFORMÁTICOS NO CIBER EMPREGO

Grazas á colaboración da Fundació Privada Josep Antón Cerqueda o Ciber Emprego renovou os seus equipos informáticos para seguir dando un servizo de calidade ás cerca de 500 persoas que o visitan anualmente.

31/05/2017 | Vigo

O Ciber Emprego naceu, en febreiro de 2006, coa vocación de converterse nun espazo, onde as persoas con máis dificultades e en situación de procura activa de emprego, puidesen acudir para utilizar os recursos que as novas tecnoloxías e Internet, poñen ao seu alcance á hora de buscar traballo, ademais de ser unha aula de aprendizaxe no uso das mesmas.

A diferenza con outro tipo de aulas informáticas reside en ter o apoio constante de técnicos de inserción, profesionais que asesoran e axudan aos/as usuarios/as tanto en temas de procura de emprego como no uso das ferramentas informáticas.

Desde entón 2.541 persoas pasaron polo Ciber, dos cales 1.829 participaron nalgunha das 156 accións formativas (tanto de informática como módulos transversais doutros cursos da Fundación) impartidas ao longo destes anos.

Despois de tanto tempo, os equipos informáticos quedáronse completamente obsoletos, ademais de ter avarías de maneira reiterada.

Grazas á colaboración inestimable da Fundació Privada Josep Anton Cerqueda, que valorou positivamente o proxecto presentado pola Fundación Érguete-Integración de actualización do Ciber Emprego, acabamos de renovar todos os equipos informáticos, permitíndonos seguir dando un servizo de calidade a todas as persoas que necesiten da nosa axuda.

Arquivada en:
Quen somos > Colaboradores/as
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Ciber Emprego