Cookies

Noticias 

© FEI | 24/11/2016 | Especialidade formativa de panadería

Dez internos/as de A Lama realizan formación con certificado de profesionalidade

24/11/2016 | A Lama

No mes de maio a Fundación Érguete-Integración, a través do programa ITINERE, presentou a un grupo de 15 persoas privadas de liberdade á proba de certificación Competencias Crave Nivel II. Como xa vos contamos nese momento, o resultado foi máis que satisfactorio ao haber superado o 100% do alumnado a proba avaliativa. Esta actividade realizouse no CP A Lama (Pontevedra) como experiencia piloto en 2016, e a súa finalidade era que todas as persoas con certificado de Competencias Clave Nivel II puideran optar á formación con certificado de profesionalidade que ofrece a institución Penitenciaria.

Esta semana o CP A Lama notificounos que dez das quince persoas avaliadas no mes de maio están xa a realizar formación ocupacional, en concreto seis homes participan no curso de Soldador e catro persoas (tres homes e unha muller), iniciaron o curso de Panadería.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere