Cookies

Noticias 

© Library of Congress | 09/11/2020 | Beulah Louise Henry

Beulah Louise Henry, a inventora autodidacta que superou o centenar patentes

11 de febreiro de 1887 en Carolina do Norte (Estados Unidos) - 28 de febreiro de 1973

09/11/2020 | Estados Unidos

Máis dun centenar de invencións e case 50 patentes teñen como autora a Beulah Louise Henry, unha inventora e empresaria americana autodidacta que gañouse un nome no eido da investigación nun momento no que vivir das innovacións era algo vedado para as mulleres.

Beulah Louise Henry naceu o 11 de febreiro de 1887 en Carolina do Norte (Estados Unidos) no seo dunha familia cultivada e propicia para as bellas artes. Así, xa de nena facía modelos e diseños.

Foi en 1912 cando obtivo a súa primeira patente por unha máquina de facer xeados (moi rápida e co mínimo gasto de xeo). Un ano despois rexistrou otras dúas patentes: un bolso de man con cubertas intercambiables para combinar coa roupa; e un parasol plegable e cun mango desmontable que servía como estuche de maquillaxe.

En 1924, combinando os dous últimos inventos, conseguíu unha patente para un paraugas ao que se lle podían colocar distintos dorseles sen que filtrase o auga. A raíz deste invento, creou a súa empresa Henry Umbrella & Parasol Company.

Nos seguintes anos tamén conseguíu patentes para un estuche de maquillaxe no que non se mesturaban os contidos, unha sombrilla convertible nunha bolsa para levar calzado, un boneco que podía adoptar múltiples posturas e recuperar a súa forma natural, unha radio-boneca, e un trompo indicador (para o que creou un xogo).

Tamén creou cubertas para pelotas de distintos tipos, un perrito caniche para ser usado no auga e un aparato flotador. Igualmente, obtivo patentes relacionadas co procedemento de inflado de balóns, un rulo elástico para o cabelo, un recipiente de xabón que funcionaba como esponxa de baño e uns cubrepiés para que as mulleres camiñasen polo auga.

Creou tamén o protógrafo (co que podían facerse simultáneamente ata catro copias mecanografiadas dun mesmo documento sen necesidade de papel carbón), así como outras melloras en máquinas de escribir, un cierre hermético e varias novedosas máquinas de coser. Igualmente, realizou varios inventos máis relacionados con bonecas e xoguetes.

Todos estes inventos deixan entrever a súa visión innovadora, pola que intentaba adaptarse aos novos hábitos da clase media norteamericana e respostar a unha demanda crecente, sobre todo de nenos e nenas e de mulleres. Ademais, en 1929 xa tiña creada outra empresa, B.L. Henry Company, e en 1939 foi contratada como inventora pola empresa Nicholas Machine Works Company.

Nos anos 60 creou un forno eléctrico de inyección, un sobre postal innovador e unha nova mellora para as máquinas de escribir. En 1970 conseguíu a súa última patente dun método para facer sobres. Aínda que non é a inventora con máis patentes, Beulah Louise Henry destacou por ter sido autodidacta e conseguir todas estas patentes nesta difícil época para a muller. Finalmente, faleceu o 28 de febreiro de 1973, cando contaba con 86 anos de idade.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia