Cookies

Noticias 

Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa 2017

04/05/2017 | Vigo

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 27/04/2017 aprobou as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 das Axudas á Contratación e Mellora do Emprego da Mocidade Viguesa.

Bases reguladoras publicadas no BOPPO núm. 84 do 03/05/2017.

Data de inicio de presentación de solicitudes: a partir do día seguinte á data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra que será comunicado desde a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións.

Remate do prazo de presentación de solicitudes: 08/08/2017

Podes consultar as bases facendo clic aquí

Arquivada en:
Empresas > UTILIZA OS NOSOS SERVIZOS > Bolsa de emprego