Cookies

Noticias 

© FEI | 19/07/2022 | Formación Auxiliar de floristaría en C.P. Teixeiro

Dez mulleres finalizan a formación de Auxiliar de Floristería no Centro Penitenciario de Teixeiro

As persoas participantes do curso de auxiliar de floristería vestiron de flores o módulo un e enviaron centros as súas persoas más achegadas.

19/07/2022 | A Coruña

Esta semana finalizamos o curso de auxiliar de floraría que puideron gozar dez mulleres privadas de liberdade grazas ao apoio da Secretaria Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade a través das axudas a entidades de iniciativa social sin ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Durante o curso que durou mes e medio, as mulleres aprenderon nocións básicas de plantas e flores, adquiriron técnicas para realizar composicións: ramos, xarróns, coroas e adestraron as habilidades necesarias para atender o perfil de clientela que acode a unha floraría.

Seguindo a metodoloxía da entidade, aproveitouse o curso formativo para fomentar as boas prácticas e incidir nas competencias transversais como a empatía, o traballo en equipo ou a cooperación. Así neste curso houbo dúas accións a destacar:

A primeira, foi a colaboración das participantes na preparación para o “día das familias” vestindo o módulo un con centros de flores e e recubrindo algunhas das súas columnas con adornos vexetais, conseguindo crear unha atmosfera moito máis agradable.

A segunda acción, centrouse nun traballo máis persoal e supuxo o broche final da formación. As alumnas tiveron a oportunidade de crear un centro de flores cada unha, grazas ás habilidades desenvolvidas durante a actividade, e envialo acompañado dunha carta a unha persoa da súa contorna máis próxima. Unha xornada realmente emocionante para todas.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere