Cookies

Noticias 

© FEI | 04/10/2017 | Momento do servizo solidario ''Asociando Ideas''

Asociando Ideas

Participantes do Programa Reincorpora INOUT desenvolven un taller de arte floral cun grupo de Nais Fundadoras de Érguete.

04/10/2017 | Vigo

Dentro do Servizo Solidario “Asociando ideas” vinculado ao programa Reincorpora INOUT de Vigo, os seus participantes realizaron na tarde do pasado martes 3 de outubro un taller de arte floral con algunhas nais da Asociación Érguete e a súa Presidenta Carmen Avendaño, acompañadas da docente do Curso de Floraría.

As técnicas desenvolvidas foron un ramo de man e un centro decorativo para unha mesa. Durante o encontro os alumnos e alumnas do programa levaron o peso e liderado da actividade, en pequenos grupos formados particiantes do programa e unha nai explicaron as diferentes técnicas e axudáronas a confeccionar ambos os arranxos florais.

Unha tarde divertida onde todos e todas as participantes puxeron en valor a formación teórico-práctica recibida durante o curso.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora