Cookies

Noticias 

© FEI | 03/06/2020 | Annie Londonderry

Annie Londonderry, a primeira muller que deu a volta ao mundo en bicicleta

1870 en Riga, Letonia - 1947 en Nova York, Estados Unidos

03/06/2020 | Estados Unidos

O 3 de xuño celébrase o Día da bicicleta e, aproveitando esta data e tomando a bicicleta como símbolo da liberdade da muller, recuperamos a historia de Annie Londonderry, a primeira muller que deu a volta ao mundo en bicicleta e que continuamente puxo nun compromiso os valores da sociedade do momento en canto á figura da muller.

Annie Londonderry, chamada Annie Cohen Kopchovsky, naceu en Letonia en 1870 e cando contaba con apenas cinco anos de idade a súa familia trasladouse a Estados Unidos.

Anos despois, casou cun vendedor ambulante, Simon Kopchovsky, e comezou a colaborar coa economía familiar vendendo anuncios de xornais locais. Sendo nai de tres fillos, uns empresarios aseguraron que lle pagarían varios miles de dólares se a muller era capaz de dar a volta ao mundo cunha bicicleta, e ela aceptou o reto.

Así, o 25 de xuño de 1894 comezou a súa viaxe dende a Massachusetts State House. Naquel momento levaba unha bicicleta "de muller" e ía vestida cunha saia longa. Levaba ademais o cartel do seu primeiro patrocinador, a compañía New Hampshire's Londonderry Lithia Spring Water, que lle financiou con 100 dólares e pola que cambiou o seu apelido.

Ao chegar a Chicago, cambiou a bicicleta que levaba por unha "masculina", máis lixeira, e a súa longa saia por uns pantalóns. Durante a súa viaxe comezou ademais a conseguir diñeiro publicitando diversas empresas con carteles e anuncios.

Tras un total de 15 meses de viaxe, completou a volta ao mundo. Londonderry recibiu o diñeiro pola aposta e aproveitou a fama da súa viaxe para trasladarse a Nova York e traballar durante un tempo coma xornalista no New York World.

Annie Londonderry converteuse en símbolo do feminismo de finais do século XIX, xa que "o seu logro rompeu moitos prexuizos da época e brindoulle a oportunidade de se converter en redactora dun xornal firmando os seus propios artigos".

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia