Infórmate > Noticias 

Noticias 

Ann Makosinski: A xoven inventora que una as ciencias e as artes
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/10/2018 | Victoria, Canadá

1 de 1

Ann  Makosinski só ten 20 anos. É metade filipina e metade polaca; metade científica e metade artista. A súa aventura deu un salto cando, con só 15 anos, decidiu crear unha lanterna para unha das súas amigas de Filipinas que non tiña luz no seu fogar. O resultado foi unha particular lámpada que funciona grazas á calor do corpo.

“A miña amiga non podía ter electricidade na súa casa, por tanto, non tiña luz para estudar de noite. Así que se me ocorreu a idea de inventar algo para xerar enerxía eléctrica sen usar baterías. Desta forma naceu  Hollow  Flashlight“, comenta a moza científica.

A tecnoloxía usada na elaboración desta lanterna provén do efecto  Peltier- Seebeck, o que permite crear electricidade a partir da diferenza de temperatura entre dúas superficies.

A revista Forbes destacouna como unha das inventoras máis novas do mundo. Pero iso non foi todo, xa que recentemente, a científica creou outro obxecto: unha cunca que utiliza xeradores  termoeléctricos para aproveitar o exceso de calor do café. Este proxecto foi denominado como e- Drink e permite, coa enerxía obtida, cargar teléfonos móbiles e dispositivos musicais.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA