Noticias
© FEI | 18/09/2023 | Anabel González (2023) en una charla para las personas internas de apoyo en Teixeiro
As persoas internas de apoio de Teixeiro conversan con Anabel González
A psiquiatra e escritora ofreceu unha charla no Centro Penitenciario
18/09/2023 | A Coruña
Anabel Gonzalez, psiquiatra e escritora, achegouse ao Centro Penitenciario de Teixeiro a manter unha conversa dirixida fundamentalmente ás persoas que se forman como internas de apoio, sobre a regulación das emocións e a relación da xestión de estas coas experiencias vivenciais de cada un e unha de nós.
Anabel escribiu libros como "Lo bueno de tener un mal día", "Las cicatrices no duelen" ou o seu último "¿por dónde se sale?", que deu título a esta charla.
Foi unha gran honra recibir a Anabel que nos deu as chaves para comezar a entrenarnos para tratarnos un pouco mellor no noso día a día e ir aprendendo como sentir as emocións dunha maneira máis sá.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere