Cookies

Noticias 

© FEI | 04/05/2022 | Talleres Apoderamento Dixital para Mulleres Achégate á Rede

Achegando mulleres á rede

Comezamos os talleres en novas tecnoloxías dirixidos a mulleres en exclusión con fin de que se familiaricen co uso dos recursos online.

04/05/2022 | Coruña

Arrincamos en Coruña, “Achégate á rede, tres talleres formativos para achegar a un grupo de mulleres o uso das novas tecnoloxías para relacionarse tanto coa administración como mellorar a súa procura de emprego.

Estes talleres encádranse dentro do programa “Achégate á rede que se leva a cabo grazas ao impulso da Consellería de Emprego e Igualdade a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de caractes social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero con cargo á asignación tributaria do 0.7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.

As mulleres participantes abrirán e se familiarizarán co uso dunha conta de correo electrónico. Despois seguiranse con outros dous pequenos talleres para aprender a usar os recursos administrativos online e a procura de emprego a través das novas tecnoloxías.

Con estas actividades intentamos seguir traballando no empoderamiento e igualdade de oportunidades para o emprego.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Achégate á rede