Cookies

Noticias 

© FEI | 20/02/2023 | Achégate á rede A Coruña 2023

A Coruña achégase á rede

Arrinca Achégate á rede en A Coruña con obradoiros para que un grupo de mulleres se familiarice co uso das novas tecnoloxías

20/02/2023 | A Coruña

Arrincamos en A Coruña Achégate á rede onde se forma en competencias dixitais ao mesmo tempo que se sensibiliza sobre igualdade a través de talleres como o uso básico do teléfono móvil e o autocoidado ou o que podo esperar de internet e autocoidado no que participan un grupo de dez mulleres.

Estes talleres encádranse dentro do programa Achégate á rede que se leva a cabo grazas ao impulso da  Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade  a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, no ano 2022.

As mulleres participantes familiarizaranse co uso dunha conta de correo electrónico. Despois seguiranse con outros dous pequenos talleres para aprender a usar os recursos administrativos online e a procura de emprego a través das novas tecnoloxías. Con estas actividades intentamos seguir traballando no empoderamiento e igualdade de oportunidades para o emprego.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Achégate á rede