23/06/2017 | A Coruña
Os pasados mércores e xovestivo lugar a última acción medioambiental da campaña Móllate do Concello da Coruña que se levou a cabo antes da festa de San Xoan.
1 de 1
© FEI
Os pasados 21 e 22 de xuño, voluntarios da Fundación Érguete-Integración colaboraron co Concello da Coruña na última acción medioambiental que se realizou antes da celebración de San Xoan.
A actividade consistiu en ir, xunto a máis voluntarios, percorrendo puntos da cidade cunha furgoneta, sensibilizando e informando sobre as consecuencias medioambientais dos residuos que quedan nas praias trala celebración da “noite meiga”.
Con esta acción péchase a colaboración anual coa campaña Móllate do Concello da Coruña. Esperemos que todo este traballo servira para que este ano se deixasen menos residuos nas praias.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801