Cookies

Noticias 

Inicio do Proxecto ABEIRO no Centro Penitenciario A Lama

Dez persoas privadas de liberdade formaranse como internos/as de apoio.

12/04/2017 | A Lama

Un grupo de 10 persoas privadas de liberdade formaranse como Auxiliares de Psiquiatría a través do Proxecto ABEIRO, mediante o que recibirán non só unha formación con titulación homologada, senón que adquirirán as competencias técnicas necesarias para desenvolver a función de Interno/a de apoio dentro do centro.

Durante catro meses, o grupo participante recibirá clases presenciais de man dunha experta docente no ámbito da saúde, ademais participarán en sesións de adestramento cognitivo, que estarán guiadas por unha educadora social. 

O proxecto está financiado a través de Fundación Barrié e Fundación Roviralta.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere