Cookies

Noticias 

© Cadena Ser | 21/07/2021 | Imaxe Teresa Portela

Teresa Portela, máxima representante española nos Xogos Olímpicos

En Tokio 2020, onde xa ten praza, converterase na primeira española da historia en disputar seis Xogos Olimpicos

21/07/2021

Teresa Portela é a piragüista española máis laureada e con maior presencia nos Xogos Olímpicos. En Tokio 2020, onde xa ten praza, converterase na primeira española da historia en disputar seis Xogos Olimpicos. Anteriormente, xa participou en Sídney, Atenas, Pequín, Londres e Río 2016. Cultivou 32 medallas entre Campionatos do Mundo e Europeos (15 en Mundiais e 18 en Europeos), ademais dos cinco diplomas olímpicos, completando un dos mellores palmareses do deporte español.

Só outras catro españolas participaron en cinco Xogos Olímpicos: a tenista Arantxa Sánchez Vicario, a nadadora María Peláez, a atleta María Vasco e a tiradora Pilar Fernández. Pero ningunha fíxoo en seis, como agora Teresa Portela.

A propagación da pandemia por España en marzo do 2020 e o confinamento trastornaron todo. Portela viuse obrigada a pasar máis dun ano sen competir. Sen a adrenalina de verse esixida por outras rivais. Mantivo entón a súa rutina. Adestramentos no encoro de Verducido, longas sesións de ximnasio e descanso en familia no seu domicilio do Grove. 

Ao mesmo tempo que adestra, compite, educa á pequena Naira, xa de 6 anos, e colabora co seu marido, o  expalista olímpico David Mascato, na clínica de fisioterapia familiar. Portela prolongou os seus estudos, consciente do abismo que se abre cando as deportistas de elite deixan a competición, primeiro completou Maxisterio a distancia, debido a que vivía en Sevilla, e logo engadiu un grao en Fisioterapia, ambos pola Universidade de Vigo. Agora termina unha terceira carreira, Dietética e Nutrición, pola  UCAM de Murcia, que tamén é o seu patrocinador principal. Mentres, cada día percorre os 40 quilómetros entre Verducido e O Grove para prolongar o seu mito,  palada a  palada.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia