Cookies

Área de Igualdade

Área de Igualdade
Instrumento responsable e transversal que fai efectiva a igualdade entre homes e mulleres en tódolos ambitos da entidade

A integración da igualdade entre mulleres e homes na entidade é un dos eixos da xestión dos recursos humanos. O impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da fundación e terminar con calquera tipo de discriminación por razón sexo de iniciou no 2011 coa aprobación do Plan de Conciliación, e en xuño do 2016 a Fundación está adherida ao Protocolo para a detección e tratamento de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra dos lugares de traballo. No 2017 decídese dar un salto maior e formalizar o proceso e iniciar a aprobación do I Plan de Igualdade da Fundación Érguete-Integración, abarcando todas aquelas áreas de análises e actuación que establece a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

 

A Fundación Érguete-Integración non só considera que as cuestións de xénero teñen que protagonizar a vida interna da entidade, senón que son parte dos seus principios e valores básicos. Polo que como entidade con influencia na sociedade considera que debe impulsar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Por isto a transversalidade de xénero convírtese nunha línea mestra na aplicación e desenrolo dos programas e servizos que ofrece a Fundación.