Cookies

Noticias 

© FEI | 23/07/2021 | Abeiro Teixeiro

Comeza o programa Abeiro no Centro Penal de Teixeiro

Dez persoas internas no centro penitenciario Teixeiro inician a formación de auxiliar de psiquiatría coa axuda da Fundación Barrié e Fundación Roviralta

23/07/2021 | A Coruña

O pasado mércores 21 de xullo púxose en marcha o programa Abeiro no Centro Penal de Teixeiro (A Coruña), con Fundación Barrié e a Fundación Roviralta.

Na formación participan 10 persoas internas no centro, os cales terán a posibilidade de formarse en auxiliar de psiquiatría, contando así cunha titulación homologada para a súa vida en liberdade e ao mesmo tempo, para poder levar a cabo as labores de internos/as de apoio dentro do centro penal.

Ademáis de adquirir formación técnica, traballarán tamén as súas competencias persoais e habilidades laboráis de cara a súa reinserción sociolaboral.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere