Cookies

Noticias 

© FEI | 03/05/2016 | Momento da xuntanza no Concello da Coruña

Xuntanza no concello da Coruña

Presentación do Servizo Solidari-Progrma REINCORPORA InOut-Diversión sustentable.

04/05/2016 | A Coruña

O equipo técnico do Programa Reincorpora IN OUT na Coruña xunto a un grupo de Voluntarios e o seu Coordinador da oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, foron recibidos por Silvia Cameán Concelleira de Xustiza Social e Coidados e María García Concelleira de Medio Ambiente.


Durante a reunión mantida o 3 de maio tiveron a ocasión de presentar o traballo que a través do programa Reincorpora da Obra Social la Caixa están a realizar en materia de formación para o emprego e incorporación laboral, con 16 persoas privadas de liberdade no Centro Penal de Teixeiro. Ademais, presentaron a actividade Diversión Sustentable na que participan un grupo de voluntarios da Universidade da Coruña xunto ao alumnado do Programa Reincorpora. A actividade pretende diminuír o dano  ambiental despois da celebración da noite de San Juan, onde: a xeración de residuos ou a contaminación do areal, deixan mal techa a imaxe da cidade e o seu nivel de civismo.


Para desenvolver a campaña de sensibilización previa á celebración do solsticio de verán, solicitamos axuda e colaboración á corporación Municipal, quen acolleu a proposta con entusiasmo.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora