Cookies

Noticias 

XORNADA: Novas oportunidades laborais. Autoemprego

Presentación do Punto Autoemprego Incorpora

06/04/2016 | Vigo

O vindeiro 21 de abril celebrarase unha xornada informativa na sede da Fundación Érguete-Integración, onde presentaremos un novo servizo dirixido a persoas emprendedoras, o Punto de Autoemprego Incorpora, promovido por Obra Social ”la Caixa”. Inclúe un taller de resolución creativa de problemas para o autoemprego, e información sobre acceso aos Microcréditos de Caixabank.

A xornada desenvolverase en horario de 09:00 a 14:00 horas.


As prazas son limitadas, previa inscrición en http://nubr.co/0Lgl04

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora