Cookies

Noticias 

© FEI | 09/09/2019 | Cartaz da xornada que se celebrará o 3 de outubro

Xornada “Muller, desemprego e exclusión social, unha ollada con perspectiva de xénero”

Abertas as inscricións para esta actividade que se celebrará o vindeiro 3 de outubro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

09/09/2019 | Vigo

A Fundación Érguete – Integración desenvolve, en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, unha Xornada dedicada á muller e a súa relación co mercado de traballo dende a experiencia da entidade durante os seus 20 anos de historia no ámbito da formación e o emprego.


O obxectivo principal da Xornada “Muller, desemprego e exclusión social, unha ollada con perspectiva de xénero” é xerar un espazo de encontro e reflexión onde se visibilicen os factores que aínda dificultan o camiño para o logro da igualdade real entre mulleres e homes, no ámbito da inclusión sociolaboral. Ademais, tamén servirá para presentar boas prácticas da intervención con mulleres en situación de vulnerabilidade con perspectiva de xénero en diferentes programas desenvolvidos pola entidade.


A actividade vai dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre a situación actual da muller no mercado laboral desde a perspectiva de persoas expertas no ámbito de formación e orientación laboral dende unha organización do Terceiro Sector.

 

Espazo de reflexión sobre a muller e o mercado laboral
A xornada terá lugar o xoves 3 de outubro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no nº 3 da rúa Oporto. Comezará ás 09:00 horas coa recepción de asistentes e ás 09:30 terá lugar a ponencia “A boa praxis desde a perspectiva de xénero no Terceiro Sector” da man de Iria Vázquez Silva, doutora en Socioloxía e experta en socioloxía do traballo y de xénero.


Tras a ponencia, que inclúe un tempo de participación para o público, celebrarase unha mesa redonda. Nesta participarán profesionais da Fundación Érguete-Integración, que explicarán a visión e a realidade que se atopan no seu traballo diario.


A primeira en intervir será Sandra Lago Areal (do Programa Sísifo), que falará sobre “O circuíto da muller na redución do dano”. Deseguido será a quenda de Maite Pena (Programa Itínere) que reflexionará acerca da “Situación da muller en prisión desde a perspectiva de xénero”. En último lugar intervirá Soledad Costas Román (Programas Inclusión Social/Punto Formativo Incorpora) sobre a “Inclusión social: Muller e emprego”.


As persoas interesadas poden consultar o programa ao completo aquí e inscribirse no seguinte  enlace.
 

 

 

 

 

 

 

 

         

                           

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Área de Igualdade