A Fundación Érguete-Integración constitúese na cidade de Vigo o 4 de novembro de 1.999, coa finalidade de facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada no deseño e seguimento de itinerarios individualizados de inserción.
Desde o seu comezo vén desenvolvendo diferentes programas e actividades en base á formación integral dos/as nosos/as usuarios/as. Trátase de proporcionarlles a formación e os recursos que lles faciliten o acceso a un posto de traballo e a súa permanencia no mesmo.
Seguindo o labor iniciado nestes dez anos, durante o ano 2010 continuaremos traballando, estabilizando e ampliando programas como a asistencia a persoas en situación de emerxencia social, a formación prelaboral e ocupacional, a orientación e asesoramento laboral e profesional, a consolidación dun espazo gratuíto de acceso ás novas tecnoloxías, a presenza nos centros penitenciarios galegos, os programas dirixidos a persoas privadas de liberdade ou en 3º graos e liberdade provisional ou accións dirixidas a persoas emigrantes, retornadas e inmigrantes.